- Este venres 17 de febreiro, un pasarrúas do alumnado, familias e profesores do cole encheu de cor e música o barrio para celebrar a chegada do Entroido
O Entroido sempre é un momento moi especial, preparado con moito cariño durante toda a semana para elaborar os vistosos traxes que se van levar durante a festa do venres. Desta volta, a temática escollida foi «O espazo» e todo un universo de cores apareceu para darlle brillo e cor ao Entroido.
Un ordenado pasarrúas con moita música foi a maneira perfecta de amosar ao barrio todo o traballo que se fixo ao longo da semana e para demostrar que no colexio La Salle Ferrol, ademais de traballar arreo, tamén sabemos como facer unha celebración por todo o alto. Queremos agradecer a todas as familias que nos acompañaron durante o traxecto. Para rematar, o tradicional baile no pavillón do cole foi o perfecto colofón para dar por iniciadas as festas do Entroido.
Convidámosvos a que vexades a galería de fotos e ver se vos atopades nelas e, de paso, comprobar que ben o pasamos!
Non vos esquezades que o vindeiro venres, 24 de febreiro, terá lugar a CONVIVENCIA DAS FAMILIAS con diferentes obradoiros, concurso de doces de entroido e o I Campionato de Voo de avións de papel. Non podedes faltar!