O Planetario e a Casa das Ciencias de A Coruña enfeitizan ao peques de educación infantil

  • Unha das premisas do noso Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA) é proporcionar experiencias que permitan afianzar, fóra das aulas, o aprendido nelas.

As excursións son o momento perfecto para continuar ampliando coñecementos e poñer en práctica todo o aprendido previamente. Iso foi o que ocorreu este martes 14 de febreiro na saída que realizaron os nenos e nenas de Educación Infantil á Casa das Ciencias e ao Planetario de A Coruña como colofón ao proxecto que están a traballar  «Más allá de las nubes»

Con moita emoción, emprenderon a súa viaxe nin máis nin menos que… ¡en autobús!, un momento ansiado por moitos. Unha vez no seu destino, tomaron as súas merendas para coller forzas e comezar a aprendizaxe. De inicio,  unha sesión no Planetario, onde tiveron a oportunidade de aprender e de amosarlle a Chloe, a profesora virtual, todo o que saben sobre o espazo grazas ao traballo que están a realizar co seu proxecto, cuxa temática central está baseada no espazo.

Despois de ver por que existe o día e a noite, de aprender que hai moitos tipos de estrelas e de coñecer un pouquiño máis sobre cada un dos planetas, chegou o momento de deixar oPlanetario e adentrarse no fantástico mundo dos experimentos que ofrece a Casa das Ciencias. Alí puideron experimentar a forza dos imáns, o que pasa se se coloca unha pelota enriba dunha fonte de aire, as diferentes forzas que se exercen nos corpos, o que sucede se se enfoca un ventilador cara a unha morea de area, etc.

Cando chegou a hora de voltar á casa, todos ían emocionados, falando do que tiñan visto esa mañá e, incluso algún tivo que botar unha pequena soneca no autobús. Xa se sabe, tanta emoción pode resultar esgotadora!

Foi unha mañá magnífica, chea de alegría e emoción que resultou do máis gratificante para os pequenos/as que foron quen de amosar que todo o traballo realizado na aula durante este tempo no que estiveron investigando sobre os seus proxectos do espazo dá uns grandes froitos.

Galería de fotos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *