O alumnado de 6º EP amosa a súa habilidade para a mímica

A nosa nova metodoloxía NCA está transformando a maneira de traballar e aprender nas diferentes materias. A finalidade fundamental sempre é que os alumnos/as sexa os protagonistas da súa aprendizaxe.

A Educación física en NCA está ubicada dentro do ámbito de «Taller» co que traballamos a construción do SER de xeito que cada alumno/a se constrúe a si mesmo/a e é protagonista da súa aprendizaxe.

Neste vídeo podedes ver un exemplo no que os alumnos de 6º de EP traballan a mímica. O alumnado que se sente atraído por este tipo de actividade atopa un espazo no que desenvolvela e aqueles que non tiñan realizado ningunha experiencia deste tipo, descobren novas alternativas á súa forma de expresarse.

Comparte el artículo:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.