O alumnado do Club de lectura comparte poemas cos usuarios da Residencia de Maiores de Caranza

O Club de Lectura continúa facendo actividades do máis diversas. Desta volta, a pasada tarde tivo un encontro interxeracional cos maiores da Residencia de Caranza. O alumnado de 4º a 6º EP que participa no Club de lectura preparou un recitado de poesía de diferentes libros e temática: “Poemas Feroces”, “Zoonetos” e “Piratas” e tamén, para acompañar o recitado, prepararon uns monicreques que axudaron a ambientar cada poema.

Despois tocoulle o turno aos maiores que tamén recitaron tres poemas: o primeiro deles foi de elaboración propia e os outros dous máis coñecidos, destacando “La canción del Pirata” de Espronceda.

Para finalizar,  intercambiaron a súa experiencia no Club de Lectura durante este curso, sendo conscientes da importancia que ten a lectura e momentos como estes onde compartila. Antes de marchar, o alumnado recibiu dous agasallos, un deles moi especial xa que foi xabón elaborado polos propios maiores nos seus obradoiros.

Os nosos alumnos/as están desexando que chegue o próximo curso para continuar compartindo experiencias coma esta!

Galería de fotos

Deja un comentario