Na tarde de onte, xoves 19 de maio, celebrouse unha nova “Quedada lectora” na biblioteca escolar. Para iso, déronse cita unha vintena de alumnos e familias de infantil e do primeiro ciclo de primaria que escoitaron con atención como compañeiros de 3º e 4º de ESO e profesores dramatizaban a lectura de varios contos.
As Quedadas lectoras son actividades propostas desde o Club de lectura para os alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria nas que se promove a participación de familias e outros membros da Comunidade educativa.
A actividade, encadrada no Programa anual do Club de lectura, ten como obxectivo “promover a lectura entre nenos e adolescentes, así como promover encontros interxeracionais en torno a ela”
O alumnado de Secundaria participante nesta actividade forma parte do programa de Voluntariado xuvenil “Pasaporte solidario” organizado pola Xunta de Galicia e que fomenta a participación e actividades de voluntariado para adolescentes destas idades. Durante todo o curso realizáronse distintas colaboracións con Cáritas, Cometa, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra…
«Quedadas lectoras» resulta un éxito de participación e fomenta o gusto pola lectura en maiores e pequenos ademais de compartir unha tarde en comunidade que é sinal identitario dos nosos centros.
Na seguinte galería podedes ver imaxes da actividade. Quedadas lectoras