Xa se achega a festa das familias!

Xa se achega a data marcada para a festa das familias deste trimestre! O venres 16 de febreiro, a partir das 16:00 h estamos todos citados no cole para compartir unha tarde de festa nun ambiente familiar.

Haberá dous concursos moi relacionados coa época. O primeiro será un concurso de disfraces que premiará ao mellor disfraz e a mellor familia disfrazada. O segundo é un concurso de postres de entroido que coma noutras ocasións amosará a boa man que teñen as nosas familias para a repostería.

E, coma non, para pasalo en grande, contaremos cun obradoiro de máscaras de entroido para familias e outro obradoiro de baile organizado por alumnas de 4º de secundaria.  Unha sección con tradicionais xogos de mesa e un bingo!

Actividades deportivas para os máis intrépidos: 3×3 de fútbol, voleibol e bádminton e como peche á convivencia unha sesión de discoteca que se vai escoitar en todo o barrio.

Con todo este programa, aínda dubidas que facer na tarde do venres? Non dubides máis, agardámoste!

Deja un comentario