Unha celebración do Entroido por todo o alto!

  • O venres 9 de febreiro celebrouse no colexio o Entroido-2024 cunha enorme festa no patio con toda a comunidade educativa. 

A celebración do Entroido, costume ancestral galego,  é unha data preparada con agarimo por toda a comunidade educativa do colexio. A temática escollida para a celebración, moi relacionada cos proxectos traballados nalgunhas clases,  foi «As civilizacións» e as diferentes clases do colexio prepararon os seus disfraces para disfrutar na mañá deste venres.

A programación inicial tiña previsto un pasarrúas que estaba preparado para compartir a nosa festa cos veciños do barrio. Desgraciadamente, a choiva impediu saír fóra do centro. A pesar diso, a comunidade educativa gozou dunhas horas de música, baile e algarada. Un desfile de trogloditas, incas, exipcios, romanos, vikingos, indianos e góticos, e o baile final, deron un bo pé para o inicio das merecidas vacacións de entroido.

Galería de fotos. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *