O Club de lectura de 2º ESO participou onte nun ‘Obradoiro de Repostaría’ no que levaron a cabo unha receita do libro «Escarlatina, a cociñeira defunta», que levaban traballando nas últimas sesións do Club.
Unha vez lido por completo o libro, de entre todas as posibilidades que había nel, escolleron a receita de «Bolachas XXL». E, por fin, onte, fixeron o obradoiro.
O resultado foi fabuloso, e deron boa conta desas saborosas bolachas! Tamén fixeron algún agasallo para agradecer a colaboración, por exemplo, aos Irmáns da Comunidade que lles cederon a cociña para traballar.