A conmemoración do 25N une a todas as clases do cole

Na semana do 24 de novembro todas as clases do cole realizaron distintas actividades para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. Trátase dunha data importante polo significado social que achega e pola dimensión que está alcanzando, na nosa sociedade, esta  realidade.

Para  iso, desde as diferentes clases realizaron dinámicas axeitadas á súa idade para amosar a nosa solidaridade con dita causa. Manualidades, películas, coloquios, lecturas de documentos e investigación sobre o tema. Todo tivo cabida nesta xornada. Como colofón, un photocall do máis divertido na biblioteca escolar.

Galería de fotos

 

 

Deja un comentario