Hai algo máis marabilloso que a poesía?
No noso centro, co gallo do Día da Poesía, celebrado o pasado 21 de marzo, a biblioteca converteuse nun espazo cheo de maxia, creatividade e sentimentos. Ao longo de varios días, o alumnado participou en diferentes actividades que tiveron como fío condutor a poesía, tanto nos recreos alternativos como no club de lectura.
Os máis pequenos e pequenas de educación infantil achegáronse ás palabras xogando coas rimas, deixando voar a súa imaxinación nun fermoso caderno creativo de poesía. Pola súa banda, o alumnado de educación primaria foi dando continuidade a ese traballo, enchendo páxinas de versos propios e descubrindo o pracer de crear a través de xogos de escritura.
Un dos momentos máis especiais chegou coa visita á residencia de maiores xunto a un grupo do Club de Lectura. Alí, entre miradas cómplices e sorrisos emocionados, o alumnado recitou unha escoima de poemas de autores e autoras como Rosalía de Castro, Lope de Vega ou Roald Dahl, creando unha ponte de emocións entre xeracións.
Para pechar esta experiencia, ao longo desta semana desenvolveuse unha animación lectora centrada na poesía. Grazas á duas nais (Sofia e Libia), varios profesores (Alejandra, Lorena Fernández e Ángel) e varios alumnos de 6º EP (Aníbal, Martín, Nico, Marta, Nerea, Daniela, Diego y Martina) que, de maneira voluntaria, quixeron compartir a súa voz e o seu tempo, a poesía percorreu cada recuncho do centro dando voz a poemas de Gloria Fuertes, Roald Dahl, Leire Bilbao, Manuel María e Espronceda.
Porque a poesía non só se le, tamén se sente, se comparte e nos une. E esta semana, no noso cole, quedou demostrado que unhas poucas palabras poden encher grandes momentos.
