Bautismo de mar entre castelos: unha aventura inesquecible para 3º e 4º EP

Na soleada mañá do venres 9 de outubro, o alumnado de 3º e 4º EP viviu unha xornada moi especial co seu bautismo de mar, unha experiencia que lles permitiu descubrir a ría de Ferrol desde unha perspectiva diferente.

A bordo dun remolcador, os nosos pequenos mariñeiros navegaron pola ría, gozando da paisaxe e contemplando as fortalezas que protexen a entrada á cidade por mar. Unha travesía chea de curiosidades, aprendizaxes e novas experiencias que os acercou un chisco máis á historia e á tradición marítima de Ferrol.

Despois da navegación, chegou o momento de repoñer forzas cunha merecida merenda antes de continuar a aventura coa visita ao Museo Naval, onde puideron seguir descubrindo os segredos do mundo marítimo.

Unha xornada para aprender fóra da aula, compartir momentos cos compañeios/as e levarse a casa lembranzas inesquecibles.

Galería de fotos

Deja un comentario