Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller

Este 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No noso cole non podiamos deixar pasar a oportunidade de aportar o noso pequeno gran de area para visibilizar esta lacra social e solidarizarnos coas vítimas, facendo especial fincapé nas considereadas «vítimas invisibles», fillos e fillas que padecen a denominada violencia vicaria.

Conscientes da importancia que ten a educación como prevención destas actitudes no futuro, todos os cursos do cole adicaron estes días previos tempo a traballar, coñecer, reflexionar sobre este tema. En colaboración coa FANPA (Federación de Asociacións de Nais e Pais de alumnos/as de Ferrol e Comarca) levouse a cabo un xesto simbólico que consistiu en elaborar mensaxes de denuncia, outros de apoio ás vítimas, reflexións personais… e colocalos en dúas siluetas que representaban a unha muller e unha nena na entrada do cole.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *