Os alumnos/as de 4º ESO visitan o IES Carballo Calero

Na mañá de hoxe, venres 19 de xaneiro, os alumnos/as de 4º ESO visitaron o IES Carballo Calero para obter información de primeira man sobre os bacharelatos e as saídas académicas despois de rematar 4º de Secundaria. Estas saídas para coñecer outros centros, e diferentes charlas que terán nas vindeiras semanas no noso colexio, forman parte do Programa de Orientación Académica e Profesional que se desenvolve ao longo de todo o ano co alumnado deste nivel.

Alí, Mónica e Susana, directora e orientadora respectivamente, explicaron as distintas modalidades de Bacharelato que hai, as que ofertan no seu centro e os diferentes ciclos formativos que teñen na rama de Perruquería e Estética. Tras facer unha visita guiada polas instalacións coñecendo as aulas de Bacharelato e as dos ciclos, convidáronos a un almorzo saudable na cafetaría do instituto.

Desde aquí queremos agradecer a calurosa acollida que sempre nos prestan e a súa dispoñibilidade para solventar calquera dúbida do alumnado ou das súas familias.

Galería de fotos

 

 

Deja un comentario