O programa «Recreos alternativos» ofrece outras opcións para o tempo de lecer

  • Ao longo do trimestre leváronse a cabo diferentes actividades desde a biblioteca escolar para ofertar unha maneira diferente para pasar o tempo de lecer dos recreos.

Neste primeiro trimestre, desde a biblioteca escolar, déronlle continuidade ao programa «Recreos alternativos» iniciado no 23/24. Non todos e todas gozamos coas mesmas actividades e xogos, nin dos mesmos espazos. No noso centro, somos unha comunidade heteroxénea e, como tal, procuramos ofrecer diversidade nas alternativas de ocio para o noso alumnado, facendo diferentes propostas, especialmente no tempo de lecer. Así naceu o programa «Recreos alternativos» que tan boa acollida tivo o pasado curso escolar. Por este motivo, decidiuse darlle continuidade neste curso escolar. Algunhas das actividades desenvoltas foron:

25 N. Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. Durante esta semana, programáronse sesións de cine, o alumnado tivo a ocasión de plasmar súas mans nun cartel na porta da biblioteca como sinal contra a violencia e lucir as pulseiras violetas conmemorativas desta data.

O Xogo da Oca. Déuse inicio a recreos lúdicos empregando o Xogo da Oca en diferentes versións e pasando un bo rato entre compañeiros/as.

Obradoiro de adornos de Nadal. Tampouco podía faltar nestas datas un obradoiro para crear e decorar adornos para a nosa árbore de Nadal.

O devandito programa terá continuidade á volta das vacacións de Nadal e, de seguro, terán preparadas moitas novidades.

Galería de fotos. 

 

Deja un comentario