Alejandro, antigo alumno gaiteiro, prepara unha boa troula para o alumnado de infantil e 1º e 2º EP

O día 17 de maio é unha data importante para Galicia xa que se conmemora o Día das Letras Galegas. Desde o primeiro Día das Letras Galegas aquel 17 de maio de 1963, unha chea de intelectuais e escritores galegos tiveron o seu recoñecemento nese día polo seu labor de difusión da lingua e cultura galegas. Este ano, a personalidade á que está adicado este Día foi Francisco Fernández del Riego que, entre outras facetas, foi o impulsor da creación da Editorial Galaxia.

Para celebralo, o alumnado de infantil e 1º e 2º EP tiveron unha visita do máis especial. Alejandro, antigo alumno do centro, achegouse para acompañarnos nesta data tan sinalada. En primeiro lugar, fixo as delicias dos pequenos e pequenas ao contarlles multitude de datos interesantes sobre Galicia e as súas tradicións. Máis tarde, aproveitando que trouxo o traxe de gaiteiro e as profes tamén se puxeran o traxe típico de Galicia, aproveitou para explicarlles as partes da súa indumentaria e como se colocan e as partes da gaita.

E como non podía ser doutro xeito, Jose Manuel, profesor da ESO,  que tamén sabe moito e ben de tocar a gaita, acompañouno tocando o tamboril. Por suposto, como se trataba dunha celebración, os máis atrevidos de entre eles animáronse a subir ao escenario a bailar e tocar, que diso se trataba, de pasalo ben.

Graciñas aos músicos pola súa arte. Foi un momento máxico!

Galería de fotos

 

 

 

Deja un comentario