Clases de «grappling» para o alumnado de 5º e 6º EP

O luns 4 e o martes 5 de abril o alumnado de 5º e 6º de EP tivo a ocassión de descubrir un deporte novo: o ‘grappling’.

O grappling é un deporte de loita baseado en agarres, similar nalgúns aspectos ao ‘judo’.

Bruno Martínez (pai de alumnas do noso cole) e Alberto Fidalgo (mestres do Sportfight de Ferrol) presentaron, dun xeito sinxelo e atractivo, as bases deste deporte. Ensinaron como fuxir dun estrangulamento (de moda actualmente entre os carteiristas) e insistiron moito na importancia do respecto entre os contrincantes.

Tamén repetiron unha e outra vez en que, fóra do deporte, o mellor xeito de defenderse dunha agresión é evitar o confrontamento escapando da situación de perigo.

Queremos agradecer a Bruno e Alberto pola súa dispoñibilidade e as súas ensinanzas que lles axudaron a achegarse a este deporte.

Na galería de  fotos podedes comprobar o ben que o pasaron os rapaces e rapazas.

https://drive.google.com/drive/folders/1Xsxi3MSzqiDmA6MvraO7ZFfHfWVsQytG?usp=sharing

Deja un comentario