E, por fin, chegou o Samaín

  • Na mañá de hoxe, 28 de outubro, todo o alumnado do colexio gozou da festa do Samaín con disfraces e bailes

Xa chegou o día. Preparado o cole durante esta semana coas súas mellores galas para a ocasión, celebramos a festa do Samaín. Tras unha mañá de traballo que serviu para afondar nas orixes celtas desta tradición, aproveitamos  a última sesión da xornada para saír ao patio e gozar todos xuntos, facendo bo o lema deste curso: #XuntosMellor #JuntosMejor. Algunhas familias que chegastes ao final, tivestes ocasión de ver «a que tiñamos montada» no pavillón, pero para os que non presenciastes a festa, botádelle un ollo á galería de fotografías e vídeos.

E pola tarde, os grupo de Sallejoven fixeron un concurso de manualidades relativas á época do ano, convertindo tarros de cristal en momias e un «escondite» por todo o cole.

O Samaín remata, pero o seu espírito segue, pois o próximo VENRES 4 DE NOVEMBRO teremos a primeira tarde de CONVIVENCIA COAS FAMILIAS deste curso, con concurso de tartas, concurso de cabazas, disfraces, obradoiros… Esperámosvos!

Galería de fotos

 

 

 

Deja un comentario