O noso programa de «Recreos alternativos» da biblioteca celebra o Día de Rosalía

  • Para conmemorar o Día de Rosalía que se celebrou o 23 de febreiro, desde a biblioteca escolar fixéronse varias actividades para achegarse á escritora máis universal das nosas letras

Nesta última semana o equipo da biblioteca vén de organizar unhas dinámicas para que o noso alumnado coñeza máis datos e curiosidades sobre Rosalía de Castro aproveitando o noso programa de «Recreos alternativos».

Por exemplo, a que non sabedes que Rosalía de Castro dá nome a unha estrela anana amarela, moi similar ao noso Sol a 240 millóns de anos luz na constelación de Ofiúco?

Pois este dato sobre Rosalía deu pé a organizar un concurso de postais na que o alumnado amosou a súa creatividade e orixinalidade.

Moitas grazas a todos/as por participar!

Galería de fotos

Deja un comentario