O alumnado de 3º de Educación Primaria comezou a traballar a simetría na área de Plástica dunha maneira moi especial: a través do xogo e da creatividade.
A simetría é a correspondencia entre as partes dunha figura respecto dun eixe, un centro ou un plano. Para comprender mellor este concepto, os nosos artistas puxéronse mans á obra e divertíronse creando caras orixinais e cheas de personalidade.
Entre risas, imaxinación e moita creatividade, descubriron que a xeometría tamén pode ser divertida e que a arte é unha excelente maneira de aprender xogando.
Un primeiro paso para explorar a simetría e deixar voar a imaxinación!
