- Coa celebración do 25N desde o cole fixéronse, e seguiranse a facer durante a semana, distintas actividades para amosar o noso compromiso coa celebración do Día Internacional Para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres
O colexio La Salle colaborou durante esta mañá nos actos organizados pola FANPA de Ferrolterra baixo o lema «Stop acoso na rúa». A finalidade era un problema relacionado coa violencia de xénero: o que se exerce na rúa, fundamentalmente contra rapazas, a través de “piropos” e comentarios non desexados. A dinámica escollida pola FANPA foi participar dun movemento americano chamado «Chalk Back» que consisitía en pintar mensaxes no chan con xices de cores.
Aparte disto, desde a biblioteca escolar tamén farán ao longo desta semana diferentes actividades sobre esta conmemoración. Na mañá de hoxe, o alumnado de 6º de educación infantil escoitou o conto «Artur e Clementina» e despois pintaron unhas mans para remarcar o seu NON á violencia. Nos próximos días, outros cursos terán as súas dinámicas sobre o tema.