- Para conmemorar o Día de Rosalía que se celebrou o 23 de febreiro, desde a biblioteca escolar fixéronse varias actividades para achegarse á escritora máis universal das nosas letras
Nesta última semana o equipo da biblioteca vén de organizar unhas dinámicas para que o noso alumnado coñeza máis datos e curiosidades sobre Rosalía de Castro aproveitando o noso programa de «Recreos alternativos».
Por exemplo, a que non sabedes que Rosalía de Castro dá nome a unha estrela anana amarela, moi similar ao noso Sol a 240 millóns de anos luz na constelación de Ofiúco?
Pois este dato sobre Rosalía deu pé a organizar un concurso de postais na que o alumnado amosou a súa creatividade e orixinalidade.
Moitas grazas a todos/as por participar!