Na última semana, a clase de 4º ESO desenvolveu os contidos da súa segunda Narrativa do curso, titulada «G30». A Narrativa estivo enfocada a analizar quen goberna o mundo e como. Trátase dun proxecto que buscar comprender as dinámicas de poder que gobernan os países.
É unha narrativa que dá continuidade á primeira Narrativa do curso, «Algoritmos», que estaba centrada no poder desde o punto de vista da análise e tratamento dos datos. Tamén servirá de preparación para «Just Free», a seguinte narrativa, que proporá un modelo distinto: o gratuito, canalizado a través de accións coma o voluntariado.
O peche desta narrativa produciuse o luns 10 de novembro cunha sesión de Godly Play no que escoitaron o relato da «Parábola dos traballadores da viña«, participaron no xogo dos cubos no que simularon as inxustizas na distribución da riqueza e as condicións de vida (tiñan que construír cubos de papel contando con diferentes recursos cada grupo e necesitábase establecer negociacións entre eles) e ver como solucionar ese problema apoiándose na solidaridade para crear capital social e, por último, crearon partidos políticos que tiñan que ofrecer 3 novidosas propostas centradas en servizos sociais, sanidade, educación e economía.
