O proxecto «A avoa Ignacia» de 6º EP remata cun emotivo encontro interxeracional

O pasado venres 21 de novembro o alumnado de 6º de Primaria tivo na Biblioteca un encontro interxeracional como final do Proxecto “A avóa Ignacia”.

Durante tres semanas investigaron os feitos históricos acontencidos nos últimos 100 anos en España, acercándose tamén ao sucedido na súa localidade. A través do resultado das súas pescudas, dividíronse en grupos de expertos, percorrendo diferentes etapas coma a ditadura de Primo de Rivera, a II República, a Guerra civil; a ditadura de Franco e a transición, podendo ser conscientes de todo o que viviu a sociedade neses anos e, sobre todo, as necesidades que tiveron que pasar. Ao final compartiron cos seus compañeiros o aprendido sobre cada etapa.

Ademais, a través do visionado de diferentes vídeos, reflexionaron sobre o tempo como un don moi preciado e valioso que teñen que disfrutar día a día sen esperar sempre a facelo en datas especiais. O traballo de investigación foi exposto nuns murais que elaboraron a través dunha liña do tempo onde resaltaron aqueles feitos máis salientábeis de cada etapa.

E, como punto final do proxecto, invitaron aos seus avós/as para poder coñecer de primeria man a súa infancia (xogos, necesidades, anécdotas, soños…). Contaron con dous alumnos que fixeron a introdución e moderaron o encontro. Foi un momento de descubrimento do que viviron na súa infancia e adolescencia e de achegamento a outras alternativas de xogo e de disfrute do tempo libre sen necesidade de usar a tecnoloxía.

Para rematar, despois de entregarlles un pequeno agasallo de agradecemento, compartiron algo doce.

Grazas por facer tan especial este final de proxecto!

Galería de fotos

 

Deja un comentario