A mediados de novembro apareceu na aula de 4 anos unha máquina dos desexos. Viña acompañada dunha mensaxe de Paul, o encargado dunha fábrica, quen estaba moi preocupado porque non atopaba unha peza crucial desta máquina. Precisaba axuda dos pequerrechos para que todos os desexos de Nadal se puideran cumprir.
Durante as seguintes semanas, a aula de 5º de educación infantil impregnouse de Nadal e o alumnado traballou arreo neste proxecto, desenvolto principalmente en lingua galega.
Grazas aos carteis que pegaron polo cole, os nenos atoparon a peza que faltaba e na mañá do 19 de decembro conseguiron arranxar a máquina dos desexos.
Que momento tan máxico!
