- A excursión deste xoves 12 de xuño levou ao alumnado de 3º e 4º EP ata a Granxa do Souto onde aprenderon multitudes de curiosidades sobre a flora e fauna da nosa contorna.
O xoves foi un día moi especial para o alumnado de 3º e 4º EP na Granxa do Souto. Nunha fermosa contorna en plena natureza, comezaron a xornada dun xeito espectacular, aprendendo a coidar e preparar un cabalo: como cepillalo, limpar os cascos, ensillalo, poñer as rendas…, para, máis tarde, ter o seu bautismo hípico.
Logo da incrible experiencia, fixeron un obradoiro sobre o millo que serviu para saber identificar e plantar un dos cereais máis utilizados na dieta occidental. Máis tarde, tiveron unha actividade que consistía en relacionar plantas cos seus froitos.
Para rematar, un didáctico obradoiro que consistiu en entrar contacto cos animais: galiñas, coellos, porcos, vacas, burros e cabras. Foi un tempo para coñecer moitos datos sobre a súa alimentación, coidado, carácter…
Un día cheo de emocións e unha experiencia inesquecible que pdoedes ver na galería de fotos.