No recente concurso autonómico «Deseña unha xoia para a túa nai» que organiza a Federación Galega de xoieiros en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría para a celebración do Día da Nai, 11 alumnos de Ferrolterra foron nominados finalistas nas distintas categorías. Da totalidade de nominados da comarca, 9 foron do noso centro: Manuel Enes Lago, Luca Teijeiro Bouzas, Dara Vázquez Vázquez, Alessia Veiga Casteleiro, Victoria Díaz Gómez, Dana Fachal Alonso , Martín Rivas Carballo, Daniella Rodríguez Martínez e Joel Abuín Santiago.
Joel foi nomeado gañador e recibiu como premio a xoia deseñada para a súa nai feita polo xoieiro ferrolán Francisco Rosende. Joel foi elixido entre máis de 10.000 participantes e é a primeira vez que un ferrolán gaña este certame.
Parabéns, Joel!