- O día 25 de novembro é o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e o cole sumouse ao programa organizado pola Fanpa Ferrolterra para concienciar da importancia deste día.
Na mañá de hoxe, 25 de novembro, todas as clases do cole se sumaron ao «IV Programa escolar pola Eliminación da Violencia de Xénero en Ferrolterra» organizada pola Fanpa Ferrolterra Concepción Arenal. A temática deste curso foi: «Rompe a cadea da violencia de xénero dixital». Como o máis importante sempre é ter información contrastada e analizala polo miúdo, nas titorías realizaron unha análise, axeitada á súa idade, das situacións nas que internet e as novas tecnoloxías dan pé a un uso indebido e que serven para fomentar a violencia de xénero. Trala análise, un xesto simbólico de rachar uns documentos con cadeas para simbolizar o noso compromiso con dita realidade.