O alumnado de 4º ESO crea mans robóticas capaces de imitar movementos humanos

O alumnado de 4º ESO amosou todo o aprendido durante este curso coa construción de mans robóticas capaces de imitar os movementos dunha man humana.

Traballando en equipo, deseñaron e montaron unha man con dedos controlados por servomotores e fíos de nailon que actuaban como tendóns. Ademais, construíron un antebrazo para aloxar todos os mecanismos e darlle un aspecto máis realista.

A parte máis sorprendente do proxecto foi o sistema de control: mediante unha luva conectada a Arduino, as mans robóticas reproducían en tempo real os movementos realizados polo usuario.

O resultado foi un prototipo totalmente funcional que puxo a proba a creatividade, o traballo en equipo e os coñecementos de programación, electrónica e deseño dos estudiantes.

Un gran exemplo de como a tecnoloxía e a innovación cobran vida na aula!

Galería de fotos e vídeos

Deja un comentario