Na semana do 21 ao 25 de febreiro estivemos todos moi pendentes dos «Mandatos do Meco». Unhas instruccións diarias moi sinxelas que invitaban a asistir ao cole dun xeito diferente e divertido. É por iso que, o luns viñeron con zapatos de diferente cor; o martes, con roupa XXL; o mércores, cun peiteado orixinal; o xoves, vestidos dunha mesma cor e o venres, con disfraz libre.
Xa chegou un dos momentos máis agardados do ano polo noso alumnado… o Entroido!
Xa sabedes que unha imaxe vale máis que mil palabras, así que na seguinte galería podedes ver que ben o pasamos!
https://drive.google.com/drive/folders/18F_kanVJjjD1YAQkY3agU3xyeeh3ubI8?usp=sharing